InicioPolíticaO BNG visita a ETEA: "Na lea partidista entre Caballero e Feijóo...

O BNG visita a ETEA: “Na lea partidista entre Caballero e Feijóo quen perde é a veciñanza”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego realizou este venres pola mañá unha visita ás instalacións da antiga ETEA. Na visita participaron o candidato do Bloque á alcaldía, Xabier P. Igrexas, e o responsábel local da formación nacionalista, Serafín Otero, acompañados por varios membros da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis.

Durante o percorrido comprobaron o “lamentábel estado de abandono” que presenta o lugar, con abondosa maleza, socavóns no pavimento e falla de mantemento de instalacións infantís e deportivas. Aliás, comprobaron “as deficiencias no acceso da praia da ETEA e o risco que presenta a torre de vixianza que fica inoperativa”.

“Estamos nun enclave privilexiado, ao pé da Ría de Vigo, e que debe ser un grande espazo de esparcemento e desfrute público, tanto para a veciñanza de Teis como para o conxunto das viguesas e dos vigueses”, defendeu Igrexas ao remate do encontro.

Visita á ETEA/ BNG

Igrexas cargou contra a inacción da Xunta de Galiza denunciando que “o estado de abandono da ETEA é un exemplo clamoroso da falla de compromiso da Xunta do Partido Popular coa cidade de Vigo”.

Ademais, criticou tamén a incapacidade dos gobernos municipal e galego para cooperaren en favor da revitalización do enclave: “Vemos como na lea partidista entre Caballero e Feixóo quen perde sempre é a veciñanza de Vigo”.

O candidato do Bloque urxiu a ambas as dúas administracións a atender de inmediato as reiteradas demandas da Asociación Veciñal de Teis en relación á ETEA.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...