InicioSucesosFeridas tres persoas nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Feridas tres persoas nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Os vehículos quedaron pegados uns a outros e o terceiro á barreira protectora da vía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente múltiple con tres coches implicados deixou a tres persoas feridas este venres na autovía A-55 (Vigo-fronteira portuguesa) á altura do municipio de Mos. Segundo informa o 112 Galicianun primeiro momento pensouse na posibilidade de que houbese persoas atrapadas, polo que se activaron os recursos do parque de bombeiros do Porriño e dos membros do GES de Mos. Con todo, unha vez no lugar do sinistro, comprobaron que o acceso aos ocupantes dos vehículos era posible sen elementos de excarceración.

A colisión, na que se viron implicados dous turismos e unha furgoneta, produciuse na A-55, ao paso polo quilómetro 14, en sentido Vigo. A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas, unha en cada un dos vehículos implicados. Todas foron evacuadas polo 061 ao centro hospitalario de referencia. Os vehículos quedaron pegados uns a outros e o terceiro á barreira protectora da vía. Pola súa banda, e unha vez descartada a excarceración, os Bombeiros do Porriño moveron os coches co fin de liberar a vía e facilitar a limpeza e retirada dos restos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...