InicioSucesosO detido pola morte dun mozo en Salceda en 2019 pasará a...

O detido pola morte dun mozo en Salceda en 2019 pasará a disposición do Xulgado do Porriño

Os feitos polos que foi detido remóntanse á madrugada do 8 de xuño de 2019, cando este home mantivo unha forte discusión coa vítima, Soufian M. de 24 anos de idade e de orixe marroquí, á saída dun local de copas en Salceda de Caselas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home de 30 anos de idade detido o pasado 6 de xaneiro en Reino Unido, como presunto autor do homicidio dun mozo de orixe marroquí, no verán de 2019, en Salceda de Caselas, pasará este xoves a disposición do xulgado de instrución número 1 do Porriño.

O investigado, de nacionalidade albanesa, foi arrestado no condado de Cheshirex en Reino Unido, tras unha ardua investigación por parte da Garda Civil, coordinada polo xulgado porriñés. O home foi extraditado a España, onde chegou nas últimas horas e, aínda que inicialmente estaba previsto o seu paso a disposición dun xulgado de Madrid, finalmente comparecerá ante a xuíza do Porriño.

Os feitos polos que foi detido remóntanse á madrugada do 8 de xuño de 2019, cando este home mantivo unha forte discusión coa vítima, Soufian M. de 24 anos de idade e de orixe marroquí, á saída dun local de copas en Salceda de Caselas. O agora detido asestoulle unha puñalada mortal e fuxiu á carreira.

A Garda Civil puxo en marcha a denominada Operación Parchita, e contou coa colaboración de varias testemuñas que achegaron fotografías e vídeos tomados a noite do crime en diversos bares de copas da zona. Así, púidose obter unha imaxe do suposto autor do crime (que tamén está reclamado por un xulgado de Cambados, por un asunto de narcotráfico), que foi difundida a través dos medios de comunicación en 2020.

Paralelamente, traballouse con multitude de datos que foron minuciosamente analizados, e contouse coa participación de especialistas do laboratorio de criminalística da Comandancia de Pontevedra, para a obtención dun perfil xenético do suposto homicida.

ANÁLISES PERICIAIS

Tras comparar as probas coas bases de datos e descartar a outros candidatos, a Garda Civil chegou ata o sospeitoso a principios de 2022, e trasladou as dilixencias e varios informes ao xulgado de instrución. Entre os documentos achegados, incluíuse un informe pericial do Departamento de Identificación Facial, no que se comparaba o rostro da fotografía difundida á prensa co do individuo que os investigadores apuntaban como autor. Tamén se achegou outro informe do Grupo de Apoio Técnico da UCO.

As actuacións centráronse entón na localización deste individuo, xa que a Garda Civil tivo noticias de que abandonara España tras cometer o homicidio en Salceda. Así, os investigadores seguíronlle a pista por varios países, como Portugal, Italia, Albania, Grecia e, finalmente, Reino Unido.

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...