InicioSociedadeLocalizado en bo estado o menor de 14 anos fuxido en Vigo...

Localizado en bo estado o menor de 14 anos fuxido en Vigo de forma voluntaria a semana pasada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Iker Silva Crespo, o menor de 14 anos fuxido en Vigo de forma voluntaria a semana pasada, foi localizado este pasado martes “en bo estado”. Segundo informaron fontes da Policía Nacional, o neno volveu a casa a través duns familiares e está “en bo estado”.

Corpos de seguridade, familiares e amigos levaban días buscando a Iker Silva Crespo, que se fuxiu de forma voluntaria o pasado 16 de xaneiro. Foi a súa familia a que interpuxo a denuncia, despois de que o neno desaparecese a partir dese martes en Vigo.

Así, SOS Desaparecidos puxo unha alerta (xa desactivada). Horas despois, a Policía Nacional informaba de que o neno se fuxiu voluntariamente, polo que se fixeron as xestións necesarias ata dar co seu paradoiro.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...