InicioSociedadeNovo ataque a un bus urbano de Vigo, cuxo persoal leva case...

Novo ataque a un bus urbano de Vigo, cuxo persoal leva case 2 meses en folga

A concesionaria do bus urbano de Vigo denuncia a gravidade destas accións tras sufrir xa 34 ataques.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou este venres un novo ataque á súa frota, tras o lanzamento de pedra a un dos autocares, que se atopaba estacionado, e que supón o ataque número 34 desde que se iniciou a folga indefinida (o pasado 25 de novembro).

Segundo informou a empresa nun comunicado, sobre as 7,00 horas da mañá, un bus da liña A atopábase estacionado á altura do número 88 da rúa Porto, cando un turismo se situou á súa altura e, desde o interior, lanzouse unha pedra que provocou a rotura dunha xanela lateral do autocar.

Neses momentos, o bus aínda non iniciara a súa ruta, polo que non había pasaxeiros a bordo e ninguén resultou ferido. Vitrasa denunciou que, desde o inicio da folga, os danos provocados a buses neste tipo de actos vandálicos ascenden a 34.000 euros, e se se contan outros ataques ao longo de todo o ano pasado, eses danos superan os 49.000 euros.

A empresa advertiu unha vez máis do “risco” que esas actuacións implican para pasaxeiros e traballadores, e lamentaron que os ataques se suceden de forma “recorrente” e non axudan a resolver o conflito laboral na empresa.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...