InicioPolíticaA sanidade de Vigo "está na UCI" pola "mala xestión" e "desprezo"...

A sanidade de Vigo “está na UCI” pola “mala xestión” e “desprezo” de Rueda, segundo o PSdeG

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE denunciou este mércores que a sanidade pública en Vigo “está na UCI” debido á “mala xestión” e do “desprezo” de Alfonso Rueda e da Xunta do PP, e prometeu que, se chega ao goberno autonómico, implantará un plan urxente para a Atención Primaria e porá “freo” ás “privatizacións” do actual goberno galego.

Así o trasladou a cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas, Elena Espinosa, que advertiu da “grave situación” da sanidade na cidade olívica, onde o “bo facer” dos profesionais contrasta con “a ineficiencia de Rueda” e o seu “desprezo” en materia de xestión.

A candidata, que fixo estas declaracións ás portas do hospital Álvaro Cunqueiro, acompañada polos candidatos Carlos López Font e Leticia Gallego, e pola presidenta do PSdeG, Carmela Silva, puxo varios exemplos que, na súa opinión, ilustran os problemas que afectan á atención sanitaria en Vigo.

Segundo lembrou, hai uns días o colectivo de enfermeiras e enfermeiros denunciaba a situación de “colapso” no servizo de Urxencias, que lles leva a estar “en tensión” e a non poder atender debidamente aos pacientes. “Un dos motivos é o abandono de Rueda á Atención Primaria”, explicou.

Tamén se referiu a a falta de pediatra no centro de saúde de Teis que, durante un tempo, afectou a máis de 3.000 menores; á posta en marcha dun centro de saúde “reducido á metade” no barrio de Bouzas; ou aos “máis de 70 millóns” que a Xunta paga anualmente “a uns fondos estranxeiros, que ostentan a concesión do Álvaro Cunqueiro, un hospital que debería ser público”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...