InicioSociedadeLuís López e a presidenta da FEMP abordan a axenda municipalista da...

Luís López e a presidenta da FEMP abordan a axenda municipalista da Deputación no Castelo de Soutomaior

Analizáronse asuntos como o reto demográfico ou o investimento municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, trasladou á presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias, María José Pelayo, a axenda municipalista do goberno provincial nunha recepción institucional que tivo lugar este luns no Castelo de Soutomaior.

Na recepción institucional, na que participaron membros do goberno provincial, analizáronse asuntos como o reto demográfico ou o investimento municipal.

Durante a cita, e segundo explican nun comunicado, os dirixentes profundaron en cuestións como o financiamento ou as competencias das entidades locais, así como o papel que xogan os gobernos provinciais para asegurar os servizos básicos nos pequenos municipios fronte a retos como o demográfico ou a axenda urbana.

A este respecto, Luís López destacou o compromiso da Deputación de Pontevedra para asegurar nos concellos “servizos que melloren o benestar dos veciños, reducir a fenda dixital e apoiar o desenvolvemento económico dos negocios locais”.

Apuntan que, precisamente como parte dese compromiso, a Deputación puxo en marcha a +Provincia ou o Plan Provincia Comunitaria. O primeiro é o plan de obras e servizos “co orzamento máis alto da historia da Deputación”. “Un total de 48,2 millóns de euros que serán postos a disposición dos concellos da provincia e que, na repartición de fondos, ten en conta por primeira vez o reto demográfico”, destacan.

Así mesmo, o apoio a colectivos sociais, veciñais e culturais reflíctese no Plan Provincia Comunitaria, dotado cun millón de euros para dinamizar e apoiar o rico e variado tecido asociativo da provincia de Pontevedra; e o Plan extraordinario de infraestruturas deportivas, de catro millóns, que aspira a modernizar estas instalacións en todos os concellos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...