InicioSucesosDous feridos tras unha colisión entre vehículos en Redondela

Dous feridos tras unha colisión entre vehículos en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un choque entre tres vehículos en Redondela deixa dúas persoas feridas. Sucedeu na parroquia de Chapela, ao fío das 17:30 horas, e foron os axentes da Policía Local os que chamaron ao 112 Galicia para dar conta dos feitos.

Durante a súa comunicación coa central de emerxencias galega, indicaron que era necesaria a colaboración do equipo médico de urxencia para atender aos posibles feridos.

Ata o lugar, na Avenida de Redondela, acudiron enseguida os profesionais sanitarios tras recibir o aviso por parte do 112.

Ademais, para colaborar no restablecemento das condicións de seguridade da vía, interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do centro de xestión de tráfico.

Finalmente, un dos feridos foi trasladado en ambulancia e o outro foi evacuado por particulares ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...