InicioSociedadeO Supremo confirma a sanción de 60.001 euros a unha farmacia de...

O Supremo confirma a sanción de 60.001 euros a unha farmacia de Vigo por subministración irregular do psicotrópico Rubifen

A lei permite esa venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios pero esta farmacia, en lugar de optar por esta modalidade, empregou o "método de prescrición de receitas a pacientes individualizados (...), pero recolléndoos a propia facultativa que os prescribía ou o persoal da clínica de tratamento da obesidade que rexentaba".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo confirmou a sanción de 60.001 euros imposta por Sanidade á titular dunha farmacia de Vigo pola subministración irregular do medicamento Rubifen, un psicotrópico con efectos estimulantes, a unha clínica privada de tratamento da obesidade. O alto tribunal desestimou un recurso interposto pola titular da farmacia, e confirmou a sanción imposta por infracción grave da normativa de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Segundo recóllese no escrito, esta farmacia forneceu 450 envases de Rubifen de 20 mg a unha facultativa dunha clínica privada, que os recetaba aos seus pacientes, entre agosto de 2016 e novembro de 2017. A propia doutora ou persoal da súa clínica encargábase de recoller os medicamentos na farmacia, que emitía as facturas a ese centro sanitario.

O Supremo desestimou o argumento da recorrente sobre a diferenciación entre a persoa titular da farmacia e o director técnico da mesma, e sinala que esta figura non pode desligarse da do farmacéutico titular cando realiza actividade de venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios.

Respecto diso, tamén matiza que a lei permite esa venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios pero que esta farmacia, en lugar de optar por esta modalidade, empregou o “método de prescrición de receitas a pacientes individualizados (…), pero recolléndoos a propia facultativa que os prescribía ou o persoal da clínica de tratamento da obesidade que rexentaba”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...