InicioSociedadeAbre a nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do CHUVI

Abre a nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do CHUVI

Dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas agudos desta enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do Álvaro Cunqueiro de Vigo iniciou este xoves o seu funcionamento, acollendo o tres primeiros pacientes, menores con problemas neste ámbito.

Tras varios meses de obras e un investimento autonómico de 1,3 millóns de euros, as novas instalacións contan cun espazo de 740 metros cadrados, segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado.

Esta nova área dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas agudos de saúde mental. É a segunda de Galicia, despois da inauguración da de Santiago. Funcionará como referencia para todo o sur da Comunidade, incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, de Pontevedra e O Salnés, de Ourense, de Verín e O Barco de Valdeorras.

O equipo de persoal que presta asistencia nestas dependencias está integrado por 20 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicóloga clínica, 1 traballadora social, 1 terapeuta ocupacional, 7 enfermeiras e 8 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría.

Só este ano, o servizo de psiquiatría rexistrou 70 ingresos de menores con patoloxías de saúde mental, que ou ben eran hospitalizados en pediatría ou eran derivados a Santiago.

ÚLTIMAS

Un condutor ebrio atropela a dous gardas civís que regulaban o tráfico tras un accidente en Vigo

Un condutor ebrio atropelou na noite deste pasado mércores en Vigo a dous gardas...

O conselleiro de sanidade presume dunha atención sanitaria telemática porque a xente maior manexa as tecnoloxías “que te cagas”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, considerou que os maiores manexan a aplicación...

Unha furgoneta envorca ao chocar contra un coche en Vigo

Unha persoa resultou ferida na noite deste pasado mércores en Vigo tras envorcar unha...

Sanidade terá que indemnizar a un paciente do Cunqueiro por tardar 8 meses en darlle un diagnóstico de cancro

A Consellería de Sanidade deberá indemnizar con 25.000 euros á filla e á viúva dun paciente do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ao que, en 2020, tardaron oito meses en avisarlle de que tiña un tumor nun ril. O home faleceu en abril de 2022 con 64 anos.