InicioEconomíaStellantis Vigo incrementa a súa produción un 31,5% en 2023, ata 531.000...

Stellantis Vigo incrementa a súa produción un 31,5% en 2023, ata 531.000 vehículos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis produciu este ano 531.732 vehículos, o que supón un 31,5% máis que en 2022, segundo datos publicados este venres pola compañía.

Deste total, un 13% dos automóbiles ensamblados na planta olívica foron 100% eléctricos, cun incremento do 21% respecto ao exercicio previo, en liña co plan estratéxico Dare Forward 2030 da empresa.

“A estas cifras contribuíu o liderado do grupo en vehículos comerciais e a alta demanda do Peugeot 2008 nos principais mercados europeos”, reivindicou Stellantis nun comunicado, subliñando a importancia dos modelos producidos en Vigo.

Precisamente este todocamino compacto da marca do León é o vehículo máis producido polo consorcio na fábrica galega.

Xunto a este modelo, en 2023 fabricáronse os comerciais e polivalentes Citroën Berlingo/Berlingo VAN, Fiat Doblò/Doblò Van, Opel Combo Life/Combo Cargo e Peugeot Rifter/Partner e as versións 100% eléctricas de todos eles.

En Vigo tamén se produciron en 2023 os Citroën C-Elysèe e Peugeot 301. Estes dous últimos, deixarán de ensamblarse en Vigo no primeiro trimestre do ano que vén.

ÚLTIMAS

Detido un home tras apuñalar á súa exparella preto da avenida Clara Campoamor

Un home foi detido na tarde-noite deste pasado domingo en Vigo tras supostamente apuñalar...

Enfróntase este martes a 10 anos de cárcere acusado de violar a unha muller mentres durmía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este martes...

Prorrogado o xuízo contra o acusado de ameazar a unha moza en Vigo

O xuízo contra un mozo acusado de tocar e ameazar a unha moza cunha...

A xuízo tres acusados de dar unha malleira a un condutor na Travesía da Ponte Romana por estacionar nunha praza que “gardaban”

O xulgado do Penal 3 de Vigo acollerá este xoves un xuízo contra tres persoas, unha...