InicioEconomíaComité de empresa e Povisa asinan novo convenio colectivo trece anos despois...

Comité de empresa e Povisa asinan novo convenio colectivo trece anos despois do último

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do hospital Ribera Povisa de Vigo e a maioría do comité de empresa asinaron este xoves o novo convenio colectivo, que afecta a uns 1.500 traballadores, 13 anos despois de que fose subscrito o último acordo.

Así, o acordo foi apoiado pola asemblea de traballadores por unha estreita marxe e foi asinado pola maioría do comité (CC.OO., UGT, OMEGA, UNENF, SATSE), mentres que tanto SPGS como a CIG situáronse en contra.

A dirección do hospital celebrou que o novo convenio é “unha garantía de estabilidade” para o persoal, xa que “marca a obrigación de que o 90 % do persoal teña un contrato indefinido”. Así mesmo, confirmou que se crea a figura do traballador fixo descontinuo.

Con respecto aos salarios, aplicarase un incremento do 4 % para 2023 (que xa se anticipou en abril), para 2024 a subida será igual ao IPC real do ano anterior; e para 2025 será otr 3 %. Igualmente auméntase o ‘plus’ de domingos, festivos e noites, e chegouse a un “compromiso” para negociar unha carreira profesional para o persoal.

Por outra banda, o novo convenio supón unha actualización en materia de licenzas e permisos, e introduce novas medidas como permisos por nacemento de netos, por accidente ou enfermidade grave dun familiar, axuda por nacemento e adopción, entre outros.

O director de Persoal do hospital, Francisco Susavila, destacou que “a firma deste novo convenio colectivo supón un fito moi importante para o Hospital Ribera Povisa, xa que ata a data rexía un convenio que data do ano 2009”. “O acordo foi posible grazas ao talante negociador da maioría dos sindicatos, á súa forza reivindicativa e ao seu sentido da responsabilidade”, sinalou.

Pola súa banda, a directora xerente de Ribera Povisa, Ángela Guerra, agradeceu e felicitou a todos os implicados no acordo “polo espírito negociador” que demostraron, para chegar a un pacto “despois de tantos anos”.

ÚLTIMAS

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...