InicioSociedadeRecoñece que violou á súa filla en Vigo e acepta 7 anos...

Recoñece que violou á súa filla en Vigo e acepta 7 anos de prisión

A Audiencia imponlle a medida de liberdade vixiada durante 5 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home aceptou a pena de 7 anos de prisión e 5 anos de liberdade vixiada tras admitir ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que violou á súa filla no domicilio familiar, na cidade olívica.

Na vista, o acusado, J.I.P.C., recoñeceu os feitos que, segundo o escrito de acusación da Fiscalía, ocorreron en xuño pasado no domicilio familiar de Vigo, no que convivían acusado e vítima. O procesado atópase en situación de prisión provisional polo ocorrido.

Aínda que inicialmente o ministerio público pedía 9 anos de cárcere, tras recoñecerse culpable o home, rebaixou a petición e o tribunal ditou ‘in voce’ unha sentenza de conformidade, pola que condena ao home a 7 anos de cárcere como autor dun delito de agresión sexual na modalidade de violación. Así mesmo, a Audiencia imponlle a medida de liberdade vixiada durante 5 anos, que se executará cando salga do cárcere, e impúxolle tamén a inhabilitación para exercer a patria potestade sobre a filla por un período de 4 anos.

O tribunal tamén o inhabilitou para exercer calquera profesión ou actividade que implique contacto con menores por un período de 5 anos unha vez que salga de prisión e, cando o faga, non poderá comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros da vítima por un tempo dun ano. Finalmente, en concepto de responsabilidade civil, J.I.P.C. deberá indemnizar á vítima en 9.000 euros polos danos morais. A sentenza foi declarada xa firme na sala.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...