InicioSociedadeAbel Caballero esixe a dimisión de Paula Prado por "insultar" a Vigo...

Abel Caballero esixe a dimisión de Paula Prado por “insultar” a Vigo e menosprezar a moi alta tensión para Stellantis

"Chámanos a atención que o PP nunca fala de temas de Vigo", sinalou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou este luns que Paula Prado “ten que deixar a secretaría xeral do PPdeG” polo seu “grave insulto” á cidade de Vigo, ao menosprezar a visita de Pedro Sánchez e o seu anuncio de que a planta de Stellantis contará con rede de moi alta tensión eléctrica.

Nun audio gravado e remitido aos medios, o rexedor olívico apuntou que Paula Prado manifestou que a visita de Sánchez (con motivo da convención política do PSdeG) foi “un insulto á intelixencia dos galegos” e mostrouse “absolutamente incrédulo” con esas declaracións do número 2 do PP galego.

Así, Abel Caballero censurou que Prado considere “irrelevante” e “sen importancia” a garantía do Goberno de España de que planta de Stellantis de Vigo terá esa subministración eléctrica. Que o presidente de España veña a dicir que a moi alta tensión está garantida é unha tomadura de pelo? Non, a tomadura de pelo foi cando Rajoy dixo que non, e Feijóo e o PP quedaron calados en lugar de defender a Vigo e a Stellantis”, afirmou o alcalde.

“Chámanos a atención que o PP nunca fala de temas de Vigo”, sinalou Caballero e lamentou que “sempre que hai medidas boas para Vigo a Xunta di que non hai que aplicalas”. “Así dixo Feijóo que non había que facer a autovía en túnel ao Porriño, así nos deixaron sen AVE a Madrid por Cerdedo, sen saída sur, e queríannos deixar sen Stellantis”, lamentou o rexedor olívico, quen proclamou que “Paula Prado ten que deixar a secretaría xeral do PP de Galicia por este grave insulto á cidade de Vigo”.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...