InicioSucesosDetido un vigués que levaba na mochila haxix, cocaína, marihuana e diñeiro

Detido un vigués que levaba na mochila haxix, cocaína, marihuana e diñeiro

D.H.A., de 47 anos de idade, presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un veciño da cidade, D.H.A., de 47 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, ao ser sorprendido portando nunha mochila diversas cantidades de cocaína, haxix, marihuana e diñeiro en efectivo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado venres, cando unha patrulla que se atopaba en Cronista José Espinosa observou a un individuo ao que coñecía de intervencións anteriores. Ao decatarse da presenza da dotación policial, o home mostrou o seu nerviosismo, acelerou o paso e tratou de irse, metendo a fume de carozo unha mochila que levaba no interior dun coche estacionado.

Os axentes decatáronse de que, á altura do sospeitoso, había un forte cheiro a haxix, polo que procederon a cachealo e a inspeccionar a mochila. No interior da mesma atoparon dúas básculas de precisión, unha tesoira con restos de haxix, varios recortes de plástico e papel, 4,5 gramos dunha sustancia en po que podería ser cocaína repartida en 7 envoltorios, 6 landras de haxix, outro cinco anacos de haxix, 4 cogollos de marihuana e un dispositivo de triturado con restos de marihuana. Así mesmo, intervéuselle un sobre con 1.720 euros fraccionados en billetes de 50, 20 e 10 euros, dos que o sospeitoso non puido xustificar a súa procedencia. Por todo iso procedeuse á súa detención por un suposto delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...