InicioSociedadeA Policía Local de Vigo interviu este ano en 430 ocasións por...

A Policía Local de Vigo interviu este ano en 430 ocasións por caídas en vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo realizou case 2.400 intervencións de carácter humanitario en 2023, das cales 428 servizos consistiron en alertas debido a caídas accidentais no interior de vivendas.

Segundo explicou o corpo de seguridade, en numerosas ocasións son outros residentes do edificio os que dan aviso ás forzas da orde, debido a que non ven aos seus veciños pola zona ou mesmo escoitaron pedir axuda. Tamén outras veces son familiares os que dan a chamada de alerta, ao ser incapaces de levantar do chan a unha persoa.

Os policías locais de Vigo prestan auxilio case diariamente a algunha persoa maior, converténdose en axentes humanitarios, enfrontándose frecuentemente a problemas que afectan os nosos maiores, tales como as mencionadas caídas, desorientación na vía pública ou situacións que pon en risco a súa vida ou integridade física, sen esquecer casos de demencia ou enfermidades neurodegenerativas”, engadiron.

Ademais de axudar a incorporarse ao accidentado, tamén proporcionan tranquilidade ao resto de persoas do fogar, tal como destaca a Policía Local. En caso de ser necesaria asistencia médica, solicitan servizos sanitarios.

Os operativos con persoas de avanzada idade que viven soas multiplícanse cada ano na cidade olívica. Os Axentes atopáronse con anciáns que vivían en condicións infrahumanas, dando inmediatamente conta destas situacións aos servizos sociais do Concello de Vigo”, engadiu o corpo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...