InicioEconomíaComité de Vitrasa denuncia o "deixamento" de Caballero e pide ao Concello...

Comité de Vitrasa denuncia o “deixamento” de Caballero e pide ao Concello que asuma o servizo

Criticou que o rexedor non sexa capaz de pór solución á situación "e nin sequera pode dar unha explicación coherente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano de Vigo, denunciou o “deixamento” do alcalde, Abel Caballero, durante o conflito, “a pesar de ser o máximo responsable deste servizo público esencial”. Nun comunicado, a representación dos traballadores criticou que o rexedor non sexa capaz de pór solución á situación “e nin sequera pode dar unha explicación coherente”.

“Gobernar unha cidade como Vigo non é unicamente ocuparse das festas, senón garantir primeiro os servizos esenciais”, reivindicou o comité, lamentando tamén a actitude de Vitrasa que, a pesar de contar cun próximo reequilibrio económico por parte do Concello (ao que hai que sumar compensacións anteriores), “di que segue en perdas”.

Isto levou á compañía a propor unha perda de poder adquisitivo aos empregados superior ao 16% respecto ao IPC para o próximo convenio colectivo, segundo denuncia o comité. Cabe lembrar que o anterior convenio está caducado desde finais de 2020, polo que os empregados teñen os soldos conxelados desde entón. “Están cómodos coa folga actual, xa que coa metade de autobuses circulando, os que hai van cheos e a súa rendibilidade aumenta considerablemente. O deficiente servizo que se está prestando non lle preocupa en absoluto a unha empresa cuxa única prioridade é a rendibilidade”, subliñaron desde o comité.

Ante isto, ven “imprescindible” unha “intervención contundente” do Concello, xa que é a administración responsable do servizo, pedindo, se fose necesario, que asuma a xestión do mesmo se fose necesario.

O conflito entre empregados e a dirección de Vitrasa leva case tres anos activo, debido a que o convenio colectivo caducou en 2020 e a negociación do novo documento non foi frutífera. Os traballadores solicitaron unha reunión con Abel Caballero en innumerables ocasións. Con todo, o rexedor nunca os quixo recibir, a pesar de ser unha concesión municipal.

Precisamente en 2020 o Concello prorrogou a concesión de Vitrasa ata 2025 e tamén concedeu axudas millonarias á empresa polas perdas provocadas pola pandemia. Ademais, hai semanas Caballero anunciou un novo reequilibrio económico para a compañía. No entanto, sempre dixo que se trata dun conflito entre traballadores e unha empresa privada, aínda sendo unha concesión municipal.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...