InicioRescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu...

Rescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu kaiak en Fornelos de Montes

Segundo informou o 112, dous das persoas que o acompañaban conseguiron sacalo da auga inconsciente e un deles contactou coa central de emerxencias minutos despois das 15,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros do Porriño rescataron o corpo sen vida dun home tras sufrir un accidente co seu kaiak no río Oitavén, nas proximidades do encoro de Eiras, no municipio pontevedrés do Fornelos de Montes.

Segundo informou o 112, dúas das persoas que o acompañaban conseguiron sacalo da auga inconsciente e un deles contactou coa central de emerxencias minutos despois das 15,00 horas.

Na súa chamada explicou que eran necesarios equipos de rescate para chegar ata eles, xa que estaban moi preto dun barranco e nunha zona á que non se podía acceder a pé.

Os xestores do 112 Galicia activaron un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño e da Garda Civil.

Ademais, informaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea. Ante o suceso, chegaron a valorar un rescate aéreo que foi descartado polos riscos derivados da meteoroloxía adversa.

Os bombeiros e a Garda Civil procederon co rescate por terra e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo dunha ambulancia.

Finalmente, os bombeiros chegaron ao lugar do accidente e rescataron o corpo da persoa. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento.

 

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...