InicioPolíticaCaballero acusa a Rueda "rírse" de Vigo e "mentir" sobre os investimentos...

Caballero acusa a Rueda “rírse” de Vigo e “mentir” sobre os investimentos na cidade, á que debe “2.299 millóns”

"O candidato do PP á Xunta veu a Vigo a mentir, a insultar ao alcalde e a insultar á cidade", proclamou o alcalde sobre Rueda, do que afirmou que "se está convertendo nun Tellado bis".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este mércores, unha vez máis, contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acusou de “rírse da cidade” e de “mentir” sobre os investimentos do goberno autonómico. Nunhas declaracións gravadas remitidas aos medios, o rexedor olívico referiuse á presenza de Rueda nas últimas horas na cidade, onde participou na reunión da Xunta Local do PP, e onde reivindicou o compromiso da Xunta con Vigo, con investimentos previstos para 2024 por 198 millóns de euros.

Segundo Caballero, esa afirmación é “mentira, mentira, mentira”, xa que o investimento para Vigo recollida nas contas da Xunta para o ano que vén é de “só 29,5 millóns”. “O candidato do PP á Xunta veu a Vigo a mentir, a insultar ao alcalde e a insultar á cidade”, proclamou o alcalde sobre Rueda, do que afirmou que “se está convertendo nun Tellado bis”. Respecto diso, o alcalde volveu a insistir en que á cidade corresponderíalle, pola súa poboación, un 11,5 % do investimento, é dicir, 145,5 millóns de euros que, segundo Caballero, súmanse agora á “débeda histórica” que a Xunta do PP ten con Vigo, e que xa “ascende a 2.299 millóns de euros”.

Nas súas declaracións, Abel Caballero volveu a lembrar que foron os gobernos do PP os que “deixaron a Vigo sen AVE” e que agora, o Executivo de Pedro Sánchez, volveu a pór en marcha ese proxecto, así como o saída sur ferroviaria ou a nova autovía en túnel ao Porriño. Tras volver denunciar que Rueda “nunca lle tivo ningún agarimo” á cidade, fixo un relatorio pormenorizado das “débedas” que a Xunta mantén con Vigo, aludindo a “colexios públicos abandonados”, o “atraso de 3 anos” do IES de Navia, a falta de apoio na reforma de Balaídos, a ausencia de financiamento para a promoción de voos desde Peinador, ou a falta de apoio á promoción do Nadal.

A iso sumou outras cuestións, como a falta de investimento en vivenda social, no albergue, na nova potabilizadora, nas bonificacións do bus urbano ou nos propios viarios de titularidade autonómica. Ademais, acusou a Rueda de ser el quen bloquea a reforma da ETEA, ao non enviar ao Concello o diñeiro para actuar nos viarios de titularidade municipal. Finalmente, mencionou tamén o Instituto Feiral de Vigo, subliñando que a Xunta modificou a lei para “botar” aos representantes municipais dos órganos de dirección do recinto. O alcalde esixiu ao goberno galego que se faga cargo non só de ampliar e reformar o Ifevi, senón de “pagar todos os accesos”.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...