InicioMedio Ambiente e PatrimonioOrganizacións ecoloxistas piden a Caballero un Plan municipal e unha asemblea cidadá...

Organizacións ecoloxistas piden a Caballero un Plan municipal e unha asemblea cidadá polo clima

Lembraron que o alcalde asinou o Pacto de Cidades polo Clima, pero que Vigo foi "expulsada" de dito pacto polo "incumplimento dos seus compromisos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes de organizacións ecoloxistas e de dereitos humanos entregaron este mércores no Concello de Vigo unha ‘carta aberta’ dirixida ao alcalde, Abel Caballero, na que lle reclaman a elaboración dun Plan de Acción Municipal sobre o cambio climático, así como a creación dunha “canle de comunicación” entre a administración e estas entidades de face á constitución dunha “asemblea cidadá polo clima”.

Así, membros de Amnistía Internacional, Verdegaia, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción, fixeron entrega desa carta e despregaron unha gran pancarta fronte ao consistorio, coa lema ‘O clima tamén se xoga en Vigo’, coincidindo coa xornada de inicio da Conferencia de Nacións Unidas sobre o Clima (COP28 UAE) en Dubai.

Os portavoces das organizacións sinalaron que as cidades son “axentes vitais” á hora de loitar contra o cambio climático e concentran gran parte da emisión de gases de efecto invernadoiro. No caso de Vigo, apuntaron, como exemplo, que é a urbe española con máis vehículos por habitante, e reclamaron esforzos para lograr unha mobilidade sustentable.

Nese sentido, lembraron que o alcalde asinou o Pacto de Cidades polo Clima, pero que Vigo foi “expulsada” de dito pacto polo “incumplimento dos seus compromisos”, entre eles a posta en marcha dunha rede de zonas de baixas de emisións, que aínda non existe. “Están a tomarse medidas na cidade que vai cara ao aumento do cambio climático, no canto de mitigalo”, lamentaron.

Así mesmo, pediron unha política integrada de respecto ao medio natural na cidade, apostando pola conservación de espazos naturais e árbores en rúas e xardíns. “As propostas que presentamos levan aparelladas medidas de ámbito local que, en moitos casos, pódense implantar de inmediato, xa que requiren máis vontade política que financiamento. Unha vontade política que, ata agora, non vemos, pois Vigo non parece tomar en serio o cambio climático e o importante papel das cidades na súa mitigación”, sinalaron.

Medidas para a recuperación da ría e a contorna litoral, plans de autoconsumo enerxético ou a creación dunha oficina municipal da enerxía, son outras das propostas que trasladaron ao Concello. Finalmente, destacaron a necesidade de implementar accións que nazan da participación cidadá, para que as decisións “non se tomen de costas” á xente. “Necesitamos un Concello aberto, cun goberno que dialogue coa cidadanía e estea ao servizo desta”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...