InicioSociedadeA xuízo en Vigo un acusado de publicar fotos e vídeos sexuais...

A xuízo en Vigo un acusado de publicar fotos e vídeos sexuais da súa parella sen o seu consentimento

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home enfróntase a un ano de prisión como presunto autor dun delito de revelación de segredos, tras publicar fotos e vídeos de contido sexual da súa parella sen o consentimento dela. O xuízo por estes feitos celebrarase este martes na sala do Penal 1 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, acusado e vítima mantiveron unha relación de parella entre xuño de 2021 e xullo de 2022. No marco desa relación, o acusado gravou vídeos e sacou fotos da súa parella, e de momentos íntimos de ambos, con permiso dela que, con todo, non consentiu que esas imaxes se fixese públicas.

Nun determinado momento, antes de que finalizase dita relación, o acusado publicou unhas fotos nun dos seus perfís de Instagram na que se vía á súa parella espida ou en roupa interior. Así mesmo, coas fotos publicaba unha ligazón que dirixía a unha web de contido sexual, na que publicou máis fotos e vídeos sexuais da vítima.

A muller decatouse destes feitos precisamente estando en sede xudicial, cando estaba nun xuízo rápido debido a unha denuncia previa contra o acusado. A Fiscalía pide para o acusado un ano de prisión como suposto autor dun delito de revelación de segredos e que indemnice á vítima en 5.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...