InicioSucesosPolo menos 6 detidos nun operativo antidroga que segue aberto na zona...

Polo menos 6 detidos nun operativo antidroga que segue aberto na zona do Baixo Miño, un deles xa en prisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

Polo menos 6 persoas foron detidas a pasada fin de semana nun operativo conxunto de Garda Civil e Policía Nacional na comarca do Baixo Miño, confirmaron fontes coñecedoras da investigación. Trátase dunha actuación vinculada co cultivo e distribución de marihuana e cocaína, e a investigación continúa aberta, polo que non se descarta que se produzan novos arrestos.

Polo momento foron detidas 6 persoas e realizáronse cinco rexistros en vivendas e tamén nunha nave; e interviñéronse diversas cantidades de cocaína, marihuana e haxix, todo iso nas zonas de Tomiño, Tui, Salceda e outros municipios da comarca. As actuacións están coordinadas polo xulgado de instrución 3 de Tui.

Tres dos detidos neste operativo antidroga pasaron este luns a disposición do xulgado de instrución número 3 de Tui, que ordenou o ingreso en prisión dun deles, comunicada e sen fianza. Con respecto aos outros dous, ordenou a posta en liberdade, coa obrigación de comparecer ante o xulgado cando sexan requiridos. Os tres están investigados por un presunto delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina...

O acusado de violar unha muller mentres durmía queda exento de prisión

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este...

Detido un home tras apuñalar á súa exparella preto da avenida Clara Campoamor

Un home foi detido na tarde-noite deste pasado domingo en Vigo tras supostamente apuñalar...

Enfróntase este martes a 10 anos de cárcere acusado de violar a unha muller mentres durmía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este martes...