InicioSociedadeRueda prevé que o centro de saúde Olimpia Valencia abra a finais...

Rueda prevé que o centro de saúde Olimpia Valencia abra a finais de 2024

A infraestrutura concentrará nun mesmo edificio servizos que ata agora estaban esparexidos pola cidade, como fisioterapia, odontoloxía ou farmacia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, prevé que o centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo abra as súas portas a finais do ano que vén, tras un investimento autonómico de 14,8 millóns de euros. Así o sinalou este venres durante unha visita ás obras desta nova infraestrutura sanitaria, que estará situada nun dos antigos edificios dos xulgados da cidade olívica, na rúa Lalín.

Acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e da conselleria de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, Alfonso Rueda subliñou que este centro de saúde substituirá ao actual situado en López Moura. Ademais, a infraestrutura concentrará nun mesmo edificio servizos que ata agora estaban esparexidos pola cidade, como fisioterapia, odontoloxía ou farmacia.

Segundo Rueda, será un “centro de saúde moderno” e adaptado “non só ás necesidades de agora”, senón tamén ao medicamento dos próximos anos. Con máis de 7.000 metros cadrados, as obras de remodelación do edificio, anteriormente ocupado pola Audiencia Provincial, comezaron o pasado verán, despois de que os xulgados trasladásense á nova Cidade da Xustiza.

Alfonso Rueda subliñou que esta rehabilitación permitirá “dar unha segunda vida” ao edificio, destacando a boa decisión que foi, ao seu xuízo, optar por trasladar os tribunais ao anterior edificio do Hospital Xeral e non construír un terceiro edificio en rúa Lalín. Utilizando a estrutura base do inmoble, a intención é optimizar os espazos, achegar luz natural á maioría das zonas, mellorar a eficiencia e a sustentabilidade do edificio e permitir así o seu uso por parte de profesionais e pacientes. Julio García Comesaña reivindicou a aposta da Xunta pola Atención Primaria de Vigo e de toda Galicia e puxo en valor a “visión de futuro” desta obra, co obxectivo de que “perdure no tempo” e permita dar acubillo ás necesidades actuais e ás futuras.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...