InicioSociedadeO goberno de Vigo admite que a montaxe dalgunhas instalacións do Nadal...

O goberno de Vigo admite que a montaxe dalgunhas instalacións do Nadal non ten permiso, a dous días do aceso

Carpas de Areal e maquinaria foron precintadas pola Policía Local

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo recoñeceu que a colocación dalgunhas instalacións do Nadal non ten aínda permiso, a pesar de que quedan dous días para o aceso das luces da cidade, que levará a cabo o vindeiro venres, 24 de novembro, a partir das 20,00 horas.

Nun comunicado, o goberno vigués admitiu que están precintadas pola Policía Local as carpas situadas nos xardíns Eugenio González de Fai, en Areal, onde se situará a exposición Dinoworld. Todo iso porque aínda está en tramitación a autorización de ocupación da vía pública. “Unha vez recibida, levantarase o precinto para poder proseguir a montaxe”, engadiron desde o Concello.

Ademais, tamén certa maquinaria utilizada para a montaxe do mercado de Nadal ‘Cíes Market’, que se levanta en Praza de Compostela, tamén está precintada, á espera de que os responsables presenten a documentación pertinente para poder ser utilizada. A pesar disto, o goberno local destacou que dito mercadillo continúa en construción sen as máquinas paradas, xa que conta coa autorización necesaria.

“O ‘Cíes Market’ dispón da pertinente autorización municipal para realizar a montaxe e, unha vez concluído, deberá presentar a documentación necesaria para a súa posta en marcha e así obter a licenza de actividade, tal e como procede nestes casos”, sentenciou o Concello.

DENUNCIAS

Todo iso despois de que hai semanas a asociación de Veciños Zona Centro de Vigo denunciase que se iniciou a montaxe de instalacións do Nadal sen a pertinente licencia ou autorización municipal. A propia administración municipal confirmoulles que, ata o 2 de novembro, non se concluíron os expedientes de tramitación da prórroga do contrato para a celebración do ‘Cíes Market’, a pesar de que xa se estaba montando.

Por iso, os veciños cargaron contra a “maneira de actual do Concello”, despois de que o responsable da montaxe asegurase a axentes da Policía Local que tiñan autorización verbal para o mesmo por parte do Concello, xa que aínda non se tramitou o contrato.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...