InicioSucesosDetido na rúa Romil un home tras ameazar e losquear á súa...

Detido na rúa Romil un home tras ameazar e losquear á súa parella mentres vían a televisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido na madrugada deste xoves en Vigo tras ameazar, insultar e losquear á súa parella mentres vían a televisión en cama. Segundo informa a Policía Local, os feitos producíronse pasadas as 01.00 horas, cando unha muller de 43 anos alertou de que fora agredida nun domicilio da rúa Romil. Unha vez no punto, a suposta vítima explicou aos axentes que se atopaba na súa habitación vendo a tele coa súa parella cando comezaron a discutir, como era habitual na súa relación.

No transcurso da devandita discusión, o home comezou a insultala e a ameazala, para logo propinarlle un bofetón na cara. No domicilio atopábanse o pai da muller e o fillo dela, os cales manifestaron que escoitaran a discusión e os insultos, asegurando que esta situación se repetía de forma habitual. Por iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...