InicioSucesosAcepta 4 anos de cárcere o acusado de tentativa de homicidio que...

Acepta 4 anos de cárcere o acusado de tentativa de homicidio que apuñalou a un veciño de Vigo na rúa Aragón

O procesado asegurou que poderá pagar a indemnización o próximo verán, cando traballará e gañará "unha pasta curiosa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza de conformidade pola que condena a 4 anos de cárcere a Daniel José V.C., como autor dun delito de tentativa de homicidio, tras apuñalar a outro home en novembro de 2021, na zona da rúa Aragón, na cidade olívica.

O acusado recoñeceu os feitos e aceptou esa pena de cárcere (inicialmente a Fiscalía pedía 6 anos de prisión), tras aplicárselle a atenuante de drogadicción, ademais da medida de afastamento da vítima durante un tempo de 6 anos. A iso súmase a responsabilidade civil: deberá indemnizar en 4.800 euros á vítima e en 3.450 euros ao Sergas.

A entrada en prisión quedou suspendida por un período de 5 anos, a condición de que, nese tempo, Daniel José non volva delinquir, pague a responsabilidade civil e continúe o tratamento de desintoxicación que está a seguir no centro Alborada de Vigo. Ademais, será sometido a controis periódicos no Imelga para constatar que segue devandito tratamento e que se mantén afastado das drogas.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron en novembro de 2021, cando a vítima e a súa parella, ao saír de casa duns amigos, pasaron por diante da vivenda do acusado, que saíu e comezou a insultar ao home.

Nun momento dado, o acusado achegouse á parella e comezou a increpalos, antes de sacar un coitelo que levaba oculto nas costas, á altura de cintura. A Fiscalía sostén que o procesado cravou o coitelo no peito ao outro home, con ánimo de acabar coa súa vida e, de feito, provocoulle lesións que puidesen matalo de non ser asistido por persoal sanitario de inmediato.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...