InicioSucesosAxentes da Policía Local de Vigo salvan unha muller que se atragoou...

Axentes da Policía Local de Vigo salvan unha muller que se atragoou mentres ceaba

PUBLICADO O

- Advertisement -

A rápida intervención de axentes da Policía Local de Vigo permitiu salvar a vida dunha veciña de 66 anos de idade que se atragoou mentres ceaba e que non podía respirar.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde noite do pasado domingo, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un domicilio da rúa Rorís.

Unha vez no lugar, os axentes observaron que a muller non podía respirar porque se había atrangantado mentres ceaba, polo que procederon rapidamente a realizarlle a manobra de Heimlich, ata que expulsou o obxecto que lle obstruía as vías respiratorias.

A patrulla requiriu a presenza dunha ambulancia e tranquilizou á muller mentres chegaban os profesionais sanitarios. Finalmente, non foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario, xa que a vítima recuperou a respiración e a súa saturación de osíxeno era normal.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...