InicioSucesosComisadas case 25 toneladas de quenlla conxeladas nun almacén frigorífico

Comisadas case 25 toneladas de quenlla conxeladas nun almacén frigorífico

Inspectores do Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron este luns case 25 toneladas (24.803 quilos) de quenlla e 49 quilos de aletas cortadas desta mesma especie de escualo nun operativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Inspectores do Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron este luns case 25 toneladas (24.803 quilos) de quenlla e 49 quilos de aletas cortadas desta mesma especie de escualo nun operativo levado a cabo nun almacén frigorífico de Vigo. Segundo explican nun comunicado, o peixe proviña de Angola e foi capturado no Atlántico Sur por un buque conxelador con bandeira angolana, que se atopaba inactivo na lista do ICCAT (Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico), organización internacional da que forma parte España.

En consecuencia, o barco non estaba autorizado a pescar, reter a bordo, trasbordar ou desembarcar túnidos e especies afíns ou especies capturadas en asociación con elas, incluíndo a quenlla. O destino final desa partida serán centros benéficos da comunidade autónoma, en concreto distintos bancos de alimentos.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...