InicioSociedadeAmnistía Internacional pide "garantías" sobre o uso de táser na Policía Nacional...

Amnistía Internacional pide “garantías” sobre o uso de táser na Policía Nacional de Vigo e a Local de Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ante o despregamento de doce pistolas eléctricas tipo táser en Vigo por parte da Policía Nacional a finais de setembro e o uso dunha táser a finais de agosto por parte da Policía Local de Redondela, Amnistía Internacional enviou senllas cartas ao Comisario Xefe da Policía Nacional de Vigo e á alcaldesa de Redondela nas que pide “garantías do seu uso acorde coas normas internacionais”.

A organización apunta que, “a pesar de estar catalogadas como ‘menos letais'” documentáronse “casos nos que a morte dalgunhas persoas estivo relacionada co uso destes dispositivos de electrochoque ou de descarga eléctrica de proxectís”.

Nas cartas, Amnistía Internacional recoñece a importancia de que os funcionarios encargados de facer cumprir a lei “dispoñan de ferramentas” como estas para “minimizar o perigo de mortes e lesións”.

Por iso, argumentan, non se opoñen ao seu uso, aínda que lembran que este “debe de estar suxeito a un criterio similar ao aplicado no uso das armas de fogo”, sinalou a portavoz local de Amnistía Internacional, Isabel Flores.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...