InicioSucesosTrasladan a dúas persoas ao hospital tras un accidente con tres coches...

Trasladan a dúas persoas ao hospital tras un accidente con tres coches implicados na A-55

Unha extensa mancha de gasoil alongouse por varios quilómetros da PO-351, en Campañó, Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente na autovía A-55 á altura de Vigo con tres coches implicados deixou dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladadas a un hospital en ambulancia. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu no quilómetro 7 da A-55, á altura da parroquia viguesa de Cabral. Foi un dos implicados no sinistro o que, pouco antes das 14.00 horas, alertaba á central de emerxencias de que acababa de chocarse contra a mediana e de que, polo impacto, había restos de combustible sobre o asfalto.

Seguidamente, o 112 activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os operarios de conservación da estrada. Os dous carrís da A-55 estiveron cortados no lugar durante os traballos para restablecer as condicións seguras de circulación, aínda que os vehículos puideron continuar a marcha a través da beiravía. Unha vez finalizada a intervención dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que había tres coches implicados e que dúas persoas foran trasladadas en ambulancia ao hospital de referencia.

MANCHA DE GASOIL EN CAMPAÑÓ, PONTEVEDRA

Tamén na tarde deste sábado, o 112 Galicia tivo constancia dunha extensa mancha de gasoil que se alongou por varios quilómetros da PO-351, en Campañó, Pontevedra. Era un particular o que chamaba sobre as 13.00 para comunicar que acababa de atravesar esta zona e que case perdera o control do vehículo, aínda que resultara ileso. Así, houbo que activar un operativo de limpeza cos servizos de mantemento das estradas. Tamén se informou a bombeiros, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...