InicioSociedadeCaballero reitera que o Nadal de Vigo é "infinitamente máis importante" por...

Caballero reitera que o Nadal de Vigo é “infinitamente máis importante” por afluencia que ningún outro evento galego

O alcalde de Vigo volveu a reclamar este venres á Xunta de Galicia "que patrocine voos" desde o aeroporto de Peinador, "exactamente igual que fai con Santiago", xa que a cidade olívica é "a máis importante cidade turística de Galicia", e o seu Nadal "é infinitamente máis importante" que o Xacobeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este venres á Xunta de Galicia “que patrocine voos” desde o aeroporto de Peinador, “exactamente igual que fai con Santiago”, xa que a cidade olívica é “a máis importante cidade turística de Galicia”, e o seu Nadal “é infinitamente máis importante” que o Xacobeo ou que outros eventos, en termos de afluencia de visitantes.

Nunhas declaracións enviadas aos medios, o rexedor olívico remitiuse aos datos de ocupación media dos voos con orixe e destino Vigo durante o mes de outubro, uns datos que revelan un nivel de ocupación “altísimo”, do 75,25 % nun mes que, tradicionalmente, estaba “morto” no que respecta a actividade turística. “Vigo é unha gran cidade turística en Europa, moi por diante de Santiago e da Coruña”, proclamou.

Por iso, volveu a reclamar ao goberno galego que outorgue axudas ás rutas aéreas de Vigo, e insiste en que así o fai co aeroporto de Santiago, a pesar de que “ten menos turismo” que a cidade olívica. “Pero a Xunta non quere que o turismo en Vigo funcione“, denunciou. Finalmente, Abel Caballero repetiu que a campaña de Nadal na cidade olívica “é infinitamente máis importante, en termos de mobilización de persoas, que ningún outro evento de Galicia”“Mete máis xente o Nadal de Vigo en dous meses, que todo o Xacobeo en dous anos“, insistiu.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...