InicioEconomíaOs traballadores de Vitrasa forzan á empresa e convocan unha folga indefinida

Os traballadores de Vitrasa forzan á empresa e convocan unha folga indefinida

A CIG criticou que tanto a dirección da concesionaria como ao Concello de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a concesionaria do transporte público do Concello de Vigo, convocaron unha folga indefinida a partir do 25 de novembro co obxectivo de forzar á empresa a que negocie un novo convenio colectivo.

Tal como informou nun comunicado a CIG, que preside o comité, o cadro de persoal decidiu de forma maioritaria levar a cabo esta medida “ante a negativa da compañía a negociar o convenio colectivo e despois de que 13 traballadores fosen sancionados con 60 días de suspensión de emprego e soldo no marco dos paros parciais que se están desenvolvendo”.

organización explicou que esta decisión se optou tras unha consulta realizada polo comité aos empregados, que rexistro unha “alta participación”, con máis de 200 persoas que dixeron si á folga, fronte a 30 que se mostraron partidarias de suspender as protestas. Por outra banda, o comité enviou un requirimento ao Concello para que proceda á rectificación do decreto de servizos mínimos, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que insta a corrixir a operativa por vulneración do dereito a folga.

comité criticou que tanto a dirección de Vitrasa como o Concello “están a impedir unha posible solución ao conflito”, debido a que a concesionaria se nega a negociar e o goberno local “culpa aos traballadores que unicamente defenden os seus lexítimos dereitos”.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...