InicioEconomíaOs traballadores de Vitrasa forzan á empresa e convocan unha folga indefinida

Os traballadores de Vitrasa forzan á empresa e convocan unha folga indefinida

A CIG criticou que tanto a dirección da concesionaria como ao Concello de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a concesionaria do transporte público do Concello de Vigo, convocaron unha folga indefinida a partir do 25 de novembro co obxectivo de forzar á empresa a que negocie un novo convenio colectivo.

Tal como informou nun comunicado a CIG, que preside o comité, o cadro de persoal decidiu de forma maioritaria levar a cabo esta medida “ante a negativa da compañía a negociar o convenio colectivo e despois de que 13 traballadores fosen sancionados con 60 días de suspensión de emprego e soldo no marco dos paros parciais que se están desenvolvendo”.

A organización explicou que esta decisión se optou tras unha consulta realizada polo comité aos empregados, que rexistro unha “alta participación”, con máis de 200 persoas que dixeron si á folga, fronte a 30 que se mostraron partidarias de suspender as protestas. Por outra banda, o comité enviou un requirimento ao Concello para que proceda á rectificación do decreto de servizos mínimos, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que insta a corrixir a operativa por vulneración do dereito a folga.

O comité criticou que tanto a dirección de Vitrasa como o Concello “están a impedir unha posible solución ao conflito”, debido a que a concesionaria se nega a negociar e o goberno local “culpa aos traballadores que unicamente defenden os seus lexítimos dereitos”.

ÚLTIMAS

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...