InicioSucesosCondenan a 20 anos de cárcere por asasinato un home que matou...

Condenan a 20 anos de cárcere por asasinato un home que matou a puñaladas a unha veciña en Vigo

O xurado vira acreditada a existencia de aleivosía, que serve para cualificar o homicidio en asasinato, pois subliña que o ataque coa arma branca "produciuse estando a prexudicada de costas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 20 anos de cárcere, por un delito de asasinato, ao home acusado de matar á súa veciña a coiteladas nun edificio da rúa Zamora, en Vigo, en octube de 2022. O tribunal do xurado declará ao home culpable por unanimidade.

O apartado de feitos probados da sentenza recolle que tiñan “problemas de convivencia” debido aos ruídos que o procesado imputáballe á vítima. O día dos feitos, segundo a resolución, estaban por casualidade no exterior do inmoble.

O condenado entrou no portal, volveu saír inmediatamente e, tras dicirlle a muller “vaiche á merda”, entrou de novo ás 20,12 horas e subiu ao seu apartamento. Ás 20,51, a vítima pasou por diante do estudo do seu veciño e, cando estaba a abrir a porta da súa casa, o acusado “achegóuselle por detrás con intención de causarlle a morte, portando un coitelo vermello”.

O xurado vira acreditada a existencia de aleivosía, que serve para cualificar o homicidio en asasinato, pois subliña que o ataque coa arma branca “produciuse estando a prexudicada de costas, de maneira sorpresiva e repentina”.

A afectada, por tanto, “nada puido facer para defenderse”. A primeira acometida, segundo o fallo, foi por detrás. “Aínda consciente de que estaban a acabar coa súa vida, tivo ocasión de entrar en casa, apoiándose nunha pequena mesa auxiliar da habitación que hai á beira da porta. Nese momento, o acusado atacouna de novo e, con intención de rematala, pero tamén de incrementar o sufrimento da vítima, cravoulle o coitelo na mama esquerda de forma repetida”, indica o maxistrado presidente na resolución, na que destaca que “a forza do ataque foi tal que o mango do coitelo rompeu e a folla quedou dentro do corpo da vítima”.

Así mesmo, o dolo homicida quedou acreditado, segundo os membros do Tribunal do Xurado, tanto polas manifestacións do acusado como pola natureza da arma empregada, o número de puñaladas e as zonas do corpo ás cales as dirixiu.

 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...