InicioEconomíaAsime estará á fronte dun programa financiado con fondos europeos para crear...

Asime estará á fronte dun programa financiado con fondos europeos para crear un polo de eólica mariña na eurorrexión

Trazarase unha "folla de ruta común transfronteiriza" para xerar un 'hub' industrial, poranse en marcha plans de formación especializado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, Asime, liderará un proxecto financiado con 1,4 millóns de euros de fondos europeos, para impulsar un polo de eólica mariña que sexa referente na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Así, o proxecto AOWINDE (Atlantic Offshore Wind Energy), que se executará ata 2025, conta con varios socios estratéxicos, entre os que están, ademais de Asime, a secretaría xeral de Industria da Xunta, o Inega, as universidades de Vigo e A Coruña, a Cámara de Viana do Castelo, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, o Instituto de Enxeñaría, Tecnoloxía e Ciencia de Sistemas e Informática (INESCTEC), o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalmecánica (CATIM) e a Asociación de Metalúrxicos, Metalmecánicos e Industriais Afíns de Portugal (AIMMAP).

Segundo explicou o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, esta iniciativa pretende “situar a eurorrexión como polo de referencia internacional en eólica mariña“. Así, trazarase unha “folla de ruta común transfronteiriza” para xerar un ‘hub’ industrial, poranse en marcha plans de formación especializados; crearase un “observatorio transfronteirizo de tecnoloxías emerxentes e instrumentos financeiros” para “atraer investimentos”; e levarán a cabo “actuacións para transformación e modernización de laindustria”.

O proxecto tamén contempla a creación dun “piloto virtual” para simular un parque transfronteirizo, co que poder medir non só a implantación a nivel operativo, senón tamén o seu impactomedioambiental, socioeconómico e compatibilidade con outras actividades como a pesca ou coa biodiversidade. A iso sumaranse campañas de sensibilización e difusión.

Asime trasladou que “un dos principais resultados esperados da execución do proxecto é a posta en valor da compatibilidade da eólica mariña con outras actividades no espazo marítimo, como a pesca, as rutas marítimas ou a acuicultura”.

Nunca defenderemos a enerxía eólica mariña se prexudica ao resto de actores, pero temos que avanzar e ten que haber experiencias que demostren, como xa ocorre en moitos outros países, que a compatibilidade entre actividades é totalmente posible”, sinalaron desde a asociación.

Para Enrique Mallón, AOWINDE “representa unha gran oportunidade para o desenvolvemento industrial da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” e ten “gran capacidade de creación de emprego”.

O proxecto presentarase nunha xornada de lanzamento o próximo 10 de novembro, ás 11,00 horas, no Museo do Mar de Vigo. Durante o evento daranse a coñecer as súas principais liñas de actuación e actividades, e ofrecerase un foro de ‘networking’ paraque empresas galegas e portuguesas da cadea de valor debatan sobre os retos da industria eólica mariña na eurorrexión.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...