InicioSucesosRescatan a unha muller tras quedar o seu coche ao bordo dun...

Rescatan a unha muller tras quedar o seu coche ao bordo dun precipicio de cinco metros no Ifevi

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller recibiu axuda este venres para saír do seu coche en Vigo, ao quedar ao bordo dun precipicio. Segundo a información recibida no 112 Galicia ao redor das 14.00 horas, o vehículo estivo a piques de envorcar e quedou ao bordo dun precipicio duns cinco metros, no aparcadoiro do Instituto Feiral de Vigo.

Debido a situación do vehículo, a persoa tiña dificultades para saír, polo que precisaba axuda para abandonar o turismo. Así, desde o 112 Galicia, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...