InicioEconomíaFandicosta garante o salario dos seus traballadores mentres negocia a súa débeda...

Fandicosta garante o salario dos seus traballadores mentres negocia a súa débeda con catro bancos

Tal como indicaron fontes de Comisións Obreiras (CC.OO.), na reunión a firma expuxo que a necesidade de presentar o preconcurso de acredores veu dada para o mantemento da produción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da pesqueira galega Fandicosta trata de renegociar a súa débeda con catro bancos, pero garantiu o salario dos seus traballadores, segundo informou a sindicatos nun encontro mantido na tarde deste pasado xoves.

Tal como indicaron fontes de Comisións Obreiras (CC.OO.), na reunión a firma expuxo que a necesidade de presentar o preconcurso de acredores veu dada para manter o circulante e poder garantir así o mantemento da produción.

Entre os motivos deste “desaxuste” apuntaron á baixada da demanda dos seus produtos. As mesmas fontes asegurado que a empresa considera que se trata dun desaxuste “conxuntural”, polo que está a buscar medidas para renegociar a súa débeda con catro bancos.

Con todo, Fandicosta informou de que garantirá os salarios dos empregados e que, por agora, non contempla despedimentos. “En todo caso, se a demanda continúa baixando, exporíase un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) durante o impasse”, engadiron desde CC.OO.

O sindicato aproveitou a ocasión para solicitar á Xunta unha reunión sobre a situación de Fandicosta, para contrastar a información ofrecida pola compañía, lembrando que o Goberno galego posúe o 12,5% da sociedade.

Todo iso despois de que Fandicosta presentase a mediados deste mes un preconcurso de acredores co obxectivo de tratar de solucionar a situación financeira que atravesa e resstructurar a súa débeda.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...