InicioEconomíaAbre unha nova liña marítima desde Vigo para levar prezas á factoría...

Abre unha nova liña marítima desde Vigo para levar prezas á factoría de Stellantis en Liverpool

A través desta ruta, Stellantis Vigo enviará a Ellesmere Port 47 referencias de pezas de chapa, que representarán o 83% da carrozaría dos vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía naviera Suardiaz puxo en marcha este xoves a primeira liña marítima que conecta Vigo con Liverpool (Reino Unido) para o envío de subministracións cara á planta que o grupo automobilístico Stellantis ten en Ellesmere Port.

Así, o barco ‘Friedrich Russ’ partirá este venres, día 27 de outubro, da terminal portuaria de Bouzas para realizar a primeira travesía oficial da nova liña marítima Vigo-Liverpool, a través da cal se transportarán ata o 86% dos compoñentes necesarios para a fabricación en Reino Unido de máis de 50.000 unidades ao ano dos vehículos comerciais lixeiros das marcas Citroën, Peugeot, Opel e Vauxhall, nas súas versións eléctricas.

Tras realizar nas últimas semanas as probas necesarias para verificar a operatividade da terminal Queen Elizabeth II, en Liverpool, este xoves comezaron as operacións de carga do buque, levándose a cabo a presentación oficial da ruta coa presenza de Juan Riva, presidente de Suardiaz, e de Ignacio Bueno, director de Stellantis Vigo, entre outros.

Precisamente Bueno puxo en valor a importancia desta liña marítima, que permitirá enviar pezas fabricadas pola propia Stellantis en Vigo e por uns 16 provedores locais. El animou a máis empresas a unirse á iniciativa.

“A través desta nova liña, a planta viguesa de Stellantis, como planta base dos modelos que se fabrican en Ellesmere Port, e o tecido de provedores asociados contribuímos á actividade industrial de Stellantis en Reino Unido”, reivindicou o directivo.

Pola súa banda, Riva sinalou a “data histórica” que supón este xoves, xa que coincide co 50 aniversario da Autoestrada do Mar que conecta Galicia cos Países do Loira.

“Unha vez máis, Suardiaz pon o seu coñecemento e experiencia ao servizo da industria da automoción. Cunha cadea loxística intermodal porta a porta, froito do traballo conxunto entre os equipos de Stellantis e Suardiaz, reforzarase a posición da planta de Vigo e favorecerase a expansión e conectividade do tecido industrial de automoción co Reino Unido”, subliñou.

86% DOS COMPOÑENTES

A través desta ruta, Stellantis Vigo enviará a Ellesmere Port 47 referencias de pezas de chapa, que representarán o 83% da carrozaría dos vehículos, mentres que os provedores implantados na Península Ibérica fornecerán o 86% dos compoñentes cos que se montarán estes automóbiles.

En concreto, o 50% das pezas será expedido por provedores implantados en Galicia, un 24% por subministradores de Portugal e un 12% por empresas situadas no resto de España. Así, ata 16 empresas instaladas en Galicia xerarán con esta subministración un volume de negocio anual de máis de 150 millóns de euros.

A fabricación destes vehículos en Liverpool prodúcese nun escenario de gran volume de ensamblaxe destes modelos para responder á demanda do mercado de vehículos comerciais lixeiros eléctricos, liderado por Stellantis en Europa.

A instalación desta liña marítima permitirá retirar máis de 14.000 camións das estradas europeas e británicas, xa que a outra opción era transportar os compoñentes por terra.

Carlos Botana, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, puxo en valor que se optou por esta alternativa “máis sustentable”. Tamén valorou que así se “abre unha nova vía para a chegada doutras mercadorías desde Reino Unido”.

A presidenta do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Patricia Moreira, indicou que esta liña exportará o saber facer do sector na Comunidade cara ao mercado británico, repercutindo na actividade das empresas galegas. “É unha conexión directa cun mercado estratéxico para as nosas empresas e ábrenos novas oportunidades”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...