InicioVigo e contornaVigoO BNG vigués reclama á Xunta "medidas reais" que poñan fin á...

O BNG vigués reclama á Xunta “medidas reais” que poñan fin á sinistralidade laboral

"Hai que actuar para garantir a seguridade e a prevención de riscos laborais nun sector tan duro e exposto como a construción e a reparación naval", sinalan desde o BNG de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, e a deputada galega Carmela González pediron este xoves á Xunta “medidas reais” para pór fin á “insoportable” sinistralidade laboral que, ao seu xuízo, soporta o naval vigués.

Así o sinalaron tras reunirse cos representantes das federacións de industria da CIG, UGT e Comisións Obreiras (CC.OO.), onde pediron “compromisos” do Goberno galego para actuar ante o aumento dos accidentes laborais nos estaleiros.

Igrexas e González mostraron o seu “total e rotundo” apoio ás reivindicacións dos sindicatos, que tras a morte dun traballados no estaleiro Ría de Vigo, antigo Barreras, volveron urxir medidas por parte das administracións.

“Hai que actuar para garantir a seguridade e a prevención de riscos laborais nun sector tan duro e exposto como a construción e a reparación naval”, subliñou a deputada nacionalista, que criticou o “descontrol” e a falta de datos oficiais sobre a sinistralidade.

Para Igrexas, o modelo produtivo que insiste na precariedade é un “risco” para a seguridade e a saúde dos traballadores, polo que solicitou ao Executivo autonómico unha “actuación enérxica” ante os “reiterados incumprimentos ” da normativa en materia de prevención e seguridade.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...