InicioSociedadeO PAC de Vigo colapsada por falta dun facultativo: esperas de ata...

O PAC de Vigo colapsada por falta dun facultativo: esperas de ata dúas horas

Así o denunciou a CIG e o portavoz do goberno local, Carlos López Font, instou á Xunta a que adopte medidas "urxentes", lamentando a situación que se produciu o luns no PAC da cidade onde había dous médicos para 500 pacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG volveu a alertar do “colapso” do punto de atención continuada (PAC) de Vigo, despois de que o pasado luns prestase asistencia cun facultativo menos durante a xornada laboral. Tal como lamentou o sindicato nun comunicado, esta situación viuse agravada pola necesidade de asistencia dun dos médicos fóra do centro, polo que nas instalacións quedaron dous facultativos, superando as esperas dos pacientes nalgúns casos as dúas horas.

“Esta situación, fóra de ser excepcional, xa se está convertendo en norma, sendo habitual nos últimos meses a prestación de asistencia no PAC de Vigo cun facultativo menos, ben por causas sobrevindas ou por necesitar desprazar a algún por ausencias noutra PAC da área”, criticou a CIG. Para a organización sindical, isto provoca unha “deterioración” da prestación, ademais de que implica maior carga de traballo para o persoal. Por iso, reiteraron a importancia de que se cubran a totalidade das prazas estruturais para garantir a asistencia das urxencias.

SANIDADE VIGUESA

Precisamente este martes o portavoz do goberno local, Carlos López Font, queixouse da “moi deficiente” atención sanitaria de Vigo, por falta de persoal. El instou á Xunta a que adopte medidas “urxentes”, lamentando a situación que se produciu o luns no punto de atención continuada (PAC) da cidade onde, segundo denunciou Font, deuse unha situación “absolutamente intolerable” con dous médicos para 500 pacientes.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...