InicioVigo e contornaVigoTraballadores de Vitrasa convocan dúas novas xornadas de folga mentres denuncian a...

Traballadores de Vitrasa convocan dúas novas xornadas de folga mentres denuncian a “complicidade” do goberno local coa empresa

O venres desenvolveranse dúas manifestacións, que sairá de Praza América ás 09,00 horas e do cruzamento de Os Choróns ás 19,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a concesionaria do transporte público do Concello de Vigo, convocaron dúas novas xornadas de folga para reclamar á compañía que negocie un novo convenio colectivo.

Tal como informou a CIG, que preside o comité de empresa, as xornadas de folga 24 horas serán o vindeiro venres, día 20 de outubro, e o mércores 1 de novembro. Ademais, o venres desenvolveranse dúas manifestacións, que sairá de Praza América ás 09,00 horas e do cruzamento de Os Choróns ás 19,00 horas.

O sindicato criticou que tras máis de dous anos de mobilizacións e paros, Vitrasa négase a negociar un novo convenio que poña fin ao conflito “aludindo importantes perdas económicas e á falta dun reequilibrio económico por parte do goberno local”.

Neste sentido, sinalou que a discusión que teñen a empresa e o Concello sobre este reequilibrio é consecuencia da “falta de previsión” na prórroga da concesión, asinada por ambas as partes “de forma precipitada e temeraria”. Por iso, consideran que este erro é a orixe dun conflito que parece non ter fin e que causa “graves prexuízos” a usuarios e traballadores.

“Excluíndo o apartado económico, observamos unha complicidade entre ambas as entidades, xa que o goberno local permítelle á empresa incumprir o prego de condicións: eliminando liñas, reducindo frecuencias, non renovando a frota tal e como se acordou ou excedendo a antigüidade máxima establecida dos autobuses”, criticou a CIG, indicando que isto supón para a compañía un “gran aforro” de custos.

Así mesmo, a organización sindical considera que nos servizos mínimos que o Concello impón penalízase ás liñas máis deficitarias, “mantendo as máis rendibles na súa práctica totalidade”. “Isto xera unha situación ideal para Vitrasa, que a empresa non dubida en manter no tempo, xa que ao haber menos autobuses os que hai énchense, aumentando a súa rendibilidade”, alertaron.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...