Unha colisión entre 5 vehículos ocorrida na autoestrada AP-9, á altura da parroquia de Cabral, en Vigo, ocasionou retencións neste viario, nos carrís en dirección sur.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pasadas as 8,00 horas deste luns nun dos carrís en sentido Tui, e varios particulares chamaron a Emerxencias para alertar da colisión en cadea de varios vehículos. As mesmas testemuñas sinalaban que, en principio, non parecía que houbese persoas feridas de gravidade.
O CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061 e da Garda Civil de Tráfico, que confirmou que eran cinco os coches implicados neste accidente, que tivo lugar no quilómetro 158 da autoestrada. Como consecuencia da colisión producíronse retencións e circulación lenta na zona.