InicioEconomíaAbel Caballero critica a Rueda por "caer na conta agora" do PERTE...

Abel Caballero critica a Rueda por “caer na conta agora” do PERTE en Stellantis

O rexedor olívico reivindicou que el leva seis meses asegurando que a factoría automobilística viguesa terá financiamento do Perte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reaccionou á reunión que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo este martes co ministro de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Héctor Gómez, criticando que o líder autonómico “caia na conta agora” de que Stellantis entrará nas axudas do próximo proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica do vehículo eléctrico e conectado (Perte VEC).

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor olívico reivindicou que el leva seis meses asegurando que a factoría automobilística viguesa terá financiamento do Perte, mentres que Rueda “caia na conta hoxe”, tras seis meses “mentindo”, dicindo “que non había Perte e que o Goberno non atendía a Stellantis”.

“Non vai asumir ningunha responsabilidade política? Non vai pedir perdón?”, engadiu Caballero, acusando o presidente autonómico de utilizar este argumento como “ataque” ao Goberno central e ao de Vigo. “Mente continuamente”, sentenciou Caballero, indicado que Roda é un “presidente irresponsable”.

Todo iso despois de que Ruea e Gómez mantivesen este martes un encontro en Madrid, onde o ministro lle trasladou ao presidente galego que as perspectivas “son boas” para que Stellantis poida beneficiarse da convocatoria do próximo Perte.

“Ten que haber a resolución, pero o traballo previo que se veu desenvolvendo, o ministerio, a propia Stellantis, a información que se nos forneceu, móvenos ao optimismo; é fundamental que unha fábrica tan importante siga (…) abrindo novas vías de produto”, proclamou Rueda.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...