InicioSociedadeO Comité de Empresa de Vitrasa denuncia a apertura de expedientes sancionadores...

O Comité de Empresa de Vitrasa denuncia a apertura de expedientes sancionadores polas convocatorias de folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité de Empresa de Vitrasa denunciou “represión sindical” coa apertura de expedientes sancionadores relacionados coas xornadas de folga convocadas durante o Marisquiño.

Tal e como explicaron nun comunicado, censuran que a dirección “fai trampas” cos servizos mínimos, “tal e cmo constatan as sancións impostas pola Inspección de Traballo”. Lembran que o decreto de servizos mínimos publicado polo Concello para as xornadas de folga dos pasados días 12 e 13 de agosto establecía a saída dun único vehículo na liña de noite, pero a empresa “pretendía pór en circulación catro autobuses”.

Por iso, algúns membros do comité e varios traballadores “impediron de forma totalmente pacífica e en presenza da propia policía a saída de tres vehículos que non constataban no decreto”.

Por mor disto, denuncian, as persoas presentes nese momento comezaron a recibir notificación de apertura de expedientes sancionadores que poden supor suspensión de emprego e soldo ata o despedimento.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...