InicioVigo e contornaVigoAcadémicos de decenas de países debaten en Vigo sobre a educación como...

Académicos de decenas de países debaten en Vigo sobre a educación como motor dun mundo equitativo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 200 académicos de ducias de países debaten en Vigo sobre a educación como motor transformador para un mundo interconectado e equitativo durante o congreso internacional STAR Global Conference 2023, organizado por STAR Scholars Network e a Cátedra Unesco da Universidade de Vigo.

Tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), STAR Scholars Network é un foro internacional de académicos que promove a mobilidade social global mediante o uso da investigación e no que traballan uns 15.000 docentes e estudantes a través das fronteiras de 2.353 universidades de 115 países.

Para a edición deste ano da súa conferencia anual, esta rede aliouse coa Cátedra da Unesco da UVigo, convertendo á cidade olívica estes días no “epicentro mundial” do seu debate sobre o papel da educación nun contexto de globalización e hiperconexión.

Son máis de 200 persoas as que participan nesta conferencia, das cales unhas 140 fano de forma presencial, sendo a primeira vez que este encontro internacional leva a cabo en España.

No acto de apertura, celebrado este luns, participou, entre outros, a vicerreitora de Internacionalización, Maribel do Pozo, quen destacou a importancia de foros como este para debater sobre propostas innovadoras que camiñan cara a unha práctica educativa transformadora.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...