InicioA Guarda será escenario para a proxección da película de animación 'Valentina'

A Guarda será escenario para a proxección da película de animación ‘Valentina’

O concello pontevedrés da Guarda acollerá este sábado a proxección da película de animación 'Valentina' no marco da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello pontevedrés da Guarda acollerá este sábado a proxección da película de animación ‘Valentina’ no marco da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo.

Así, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, o obxectivo é achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

Desta forma, o salón de actos do Centro Cultura acollerá ás 20,30 horas o pase de ‘Valentina’, dirixida por Chelo Loureiro e finalista dos Mestre Mateo na categoría de películas de animación.

A película mostra a historia de Valentina, unha nena que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...