InicioEconomíaOs sindicatos do naval vigués piden unha reunión "ao máis alto nivel"...

Os sindicatos do naval vigués piden unha reunión “ao máis alto nivel” e avisan: “Imos rexistrar xa unha folga”

A Xunta lembrou que xa houbo unha reunión, o 27 de setembro, á que faltaron os sindicatos, da mesa de seguridade e saúde laboral e volveu a requirir aos sindicatos que indiquen "calquera circunstancia que facilite a reunión en favor da mellora das condicións de traballo" .

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC.OO. e UGT volveron a solicitar formalmente a convocatoria dunha reunión da mesa do naval, matizando que queren un órgano “ao máis alto nivel” para analizar a situación do sector e tomar medidas para pór fin á precariedade, e avisaron: “Imos rexistrar xa unha folga no sector e mentres non se convoque a mesma”.

Así o fixeron público despois de recibir a resposta da Xunta á súa solicitude anterior, rexistrada fai algo máis dunha semana, na que xa pedían a convocatoria desa mesa e daba un ultimato de 15 días, ao termo dos cales se convocaría folga.

En resposta a esa petición, a Xunta lembrou que xa houbo unha reunión, o 27 de setembro, á que faltaron os sindicatos, da mesa de seguridade e saúde laboral, con presenza de persoal da autoridade laboral da Xunta, do ISSGA e da patronal, e volveu a requirir aos sindicatos para que indiquen “calquera circunstancia que facilite a reunión en favor da mellora das condicións de traballo” no naval, dado que na súa solicitude “obsérvase unha coincidencia” entre os participantes que pedían e os que acudiron á reunión do 27 de setembro.

Agora os sindicatos volveron a rexistrar a solicitude da reunión desa mesa, matizando que debe ser un órgano con representación “ao máis alto nivel” e remitírona directamente ás conselleiras de Emprego e Industria, Elena Rivo e María Jesús Lorenzana. Así mesmo, no escrito sinalan: “Imos rexistrar xa unha folga no sector e mentres non se convoque a mesma”.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...