InicioSociedadeConxemar volve pedir unha ampliación do Ifevi e Pontón reclama baixar o...

Conxemar volve pedir unha ampliación do Ifevi e Pontón reclama baixar o IVE do peixe

O presidente de Conxemar, Eloy García, subliñou o "éxito" de Conxemar, xa que nesta 24ª edición "hai máis espazo expositivo ocupado que nunca". "Xa non cabe máis", engadiu, pedindo unha nova ampliación do Ifevi para poder manter a feira "no podio" dos grandes eventos do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de Conxemar, Eloy García, insistiu este martes en reivindicar unha nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para que a Feira de Produtos do Mar Conxelados poida competir na “liga das grandes feiras”.

Así o sinalou en declaracións aos medios de comunicación na xornada de inauguración do evento, que se levará a cabo na cidade olívica ata o vindeiro xoves.

García subliñou o “éxito” de Conxemar, xa que nesta 24ª edición “hai máis espazo expositivo ocupado que nunca“. “Xa non cabe máis“, engadiu, pedindo unha nova ampliación do Ifevi para poder manter a feira “no podio” dos grandes eventos do sector.

O presidente tamén falou do plan de tráfico que por primeira vez conta a feira, indicando que “está a funcionar que dá xenio”, reducindo as retencións, aínda que si se rexistraron atascos a certas horas da mañá.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sumouse a esta reivindicación. En declaracións aos medios de comunicación antes da inauguración oficial da feira, Pontón puxo en valor Conxemar que, segundo dixo, “coloca a Vigo e a Galicia no mapa internacional” ao ser un “referente” no sector.

Para ela, é “fundamental” que a feira manteña a súa sede en Vigo, polo que “baixo ningunha circunstancia se pode permitir que se perda a súa sede” xa que “sería unha perda irreparable”. Pontón indicou que “hai moita competencia e tamén presión para que Conxemar non siga en Vigo”, polo que insistiu na necesidade de ampliar o recinto feiral e ter unha mentalidade a “medio prazo”.

“É importante que todas as administracións e o conxunto da sociedade galega mobilicémonos para que Conxemar siga tendo a súa sede en Vigo”, engadiu, asegurando que o BNG levará ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para ampliar o Ifevi porque “non se pode permitir que unha feira como Conxemar se poña en risco porque non ten as instalacións suficientes”.

Por outra banda, ela sumouse a unha das reclamacións do sector, a baixada do IVE ao peixe, esperando que o Goberno tome esta medida para facer fronte á crise económica e así aumentar as vendas deste alimento e axudar á industria.

ÚLTIMAS

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e advirte a Caballero polas súas críticas políticas nun acto municipal

A fronteira entre a información institucional e a confrontación política volve situarse no centro...

Unha maleta chea de armas en Peinador destapa unha rede que fornecía pistolas a narcotraficantes das Canarias

Unha maleta aparentemente convencional, un pasaxeiro disposto a embarcar e un cargamento de armas...

Os Tedax acoden ao Cunqueiro por unha maleta abandonada que tiña roupa

Axentes da Policía Nacional especializados na desactivación de artefactos explosivos (Tedax) desprazáronse na mañá...

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...