InicioSucesosDetido un home que golpeou e agarrou polo pescozo á súa parella...

Detido un home que golpeou e agarrou polo pescozo á súa parella na Praza de Portugal, e que simulou que a bicaba ao ver á Policía

Os policías entrevistáronse por separado con ambos, e comprobaron que a muller presentaba feridas sanguentas no beizo superior, así como marcas no pescozo. Ante estas evidencias, e os relatos dos testemuños que chamaran ao 092, os funcionarios procederon á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.C.C.G., de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por agredir supostamente e agarrar polo pescozo á súa parella en plena rúa. Os feitos ocorreron na madrugada do venres ao sábado pasado, na Praza de Portugal, onde acudiu unha dotación policial tras recibir un aviso por un suposto episodio de violencia de xénero.

Unha vez no lugar, os axentes puideron observar a un home que agarraba polo pescozo a unha muller e que, ao decatarse da presenza policial, soltouna e tratou de simular que a estaba bicando. Os policías entrevistáronse por separado con ambos, e comprobaron que a muller presentaba feridas sanguentas no beizo superior, así como marcas no pescozo. Ante estas evidencias, e os relatos dos testemuños que chamaran ao 092, os funcionarios procederon á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...