InicioVal MiñorBaionaA Garda Civil detén dous veciños de Vigo por tres roubos con...

A Garda Civil detén dous veciños de Vigo por tres roubos con forza en Baiona

Os dous homes, con antecedentes policiais por feitos similares, cometerían ata tres roubos durante o pasado mes de agosto, dous deles nunha nave industrial e un terceiro nunha leira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Baiona detivo a dous veciños de Vigo, de 31 e 35 anos de idade, como presuntos responsables de tres roubos con forza, tras facerse con máis de cinco toneladas de elementos metálicos.

Tal como informou a Benemérita, os dous homes, con antecedentes policiais por feitos similares, cometerían ata tres roubos durante o pasado mes de agosto, dous deles nunha nave industrial e un terceiro nunha leira.

En total acumularían máis de cinco toneladas de elementos metálicos como vigas de ferro, ferramentas, cobre e aluminio.

Por mor das denuncias interpostas pola empresa e o propietario da vivenda iniciouse a investigación, localizando case a totalidade do material nunha chatarrería de Vigo.

Por iso, o pasado venres, día 22 de setembro, detívose aos dous homes, aos que se lle atribúe a presunta autoría de tres delitos de roubo con forza. As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Garda de Vigo e o material recuperado, aos seus lexítimos donos.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...